|
|
|
Nosa andadura polo mundo charangueiro comeza
un 24 de Agosto de 2006. A comisión de
festas de “San Campio”, festa popular da
nosa parroquia, chamaron a uns cantos amigos
da Unión Musical de Valladares para facer
funcións de charanga nos días de festexo de
San Campio.
Pois ben, estes poucos membros da
prestixiosa banda de música prepararon un
repertorio e cuns poucos ensaios formaron un
grupo nomeado en principio “Charanga Vente
ya!”. Este anteproxecto de charanga logrou
animar o ambente enormemente aqueles dias,
surgindo a idea de formar unha charanga en
condicións. O nome elexido para esta ocasión
foi “Charanga Vaite Xa!!”, ante a falla de
nomes mais orixinais.
|

|
Os
membros fundadores da charanga, todos eles
procedentes da parroquia viguesa de
Valladares, foron Carlos trombon, Sandra
saxo, Yoli saxo, Eloy trompeta, Alex
clarinete, Carla bateria, Oscar bombo e
Victor tuba, aos que mais tarde se unirian
mais xente de diferentes bandas de Vigo coma
Oscar saxo, Sara trompeta, Juanjo trompeta,
Eva saxo e Naiara saxo (esta última de
Bilbao), a parte de a sin fin de persoas que
nos botaron unha man nos difíciles comezos,
coma Andrés, David, Tizon, Ruth, etc.
Pouco a pouco fomos Collendo fama pola zona
de Vigo e sur de Pontevedra, actuando en
eventos como a verbena da Paloma, San Andres,
pasarruas navideño na Travesia de Vigo…
Pero pronto chegaria o primeiro e gran
contrato importante, os entroidos en
Santiago de Compostela en Febreiro de 2007.
Esa actuación supuso darnos a coñecer ante
miles de persoas na capital galega, o que
ocasionou chamadas de unha importante
cantidade de comisións de festas e
organizadores de espectáculos, dando lugar a
moitisimas mais actuacións polos pobos de
Galicia durante aquel veran de 2007.
|

|
Dende
aquela primeira temporada hata a fecha,
logramos chegar ca nosa musica a
prácticamente todolos rincons da nosa
comunidade autónoma: Vigo, Porriño, A
Estrada, A Cañiza, Ponteareas, Ourense…
Mencionar tamen actuación en festas de
importante repercusión como os entroidos de
Verín, os entroidos de Santiago de
Compostela, a festaza de Muxía e a Peregrina
de Pontevedra, entre outras.
Fora da
comunidade tamen fomos chegando a Portugal e
Asturias, tocando por exemplo na festa do
Carmen de Cangas del Narcea, todo un
referente para as charangas a nivel
nacional.
Por suposto seguimos actuamos en
Valladares, onde cada ano repetimos na festa
de San Campio, na festa do Polvo e a Sardiña,
e outros actos culturais da parroquia.
|
Nestes anos de andadura soubemos adaptarnos
co noso repertorio e a nosa forma de actuar
a realidade das festas de Galicia, abarcando
dende os tradicionais pasaruas hata os
moviditos merengues, temas pop e rock,
pasodobles, rancheras, etc. Temas coma "A
chica ye-ye", "A cabritiña", "Levantando las
manos" ou "Carrascosa" arrasan entre o
publico que se desquicia ca nosa
interpretación. Todos estos temas son
arranxados e adaptados pola propia charanga
e alguns coa axuda do mestre José Iglesias,
director da Banda. Naturalmente o
repertorio, a forma de tocar e a plantilla
foi evolucionando o largo do tempo,
adquirindo experiencia e coñecementos neste
mundillo.
|
|
|
Cabe
mencionar que somos unha charanga xove en canto a idade
da plantilla se refire, na que a media está en 20 anos.
Isto non supon un problema, senon todo o contrario,
dandolle as nosas actuacións un toque de frescura.
Ademais contamos con paridade de membros, con igualdade
en número de rapaces e rapazas, convertíndonos na
charanga con mais mulleres de Galicia, toda unha hazaña
neste gremio.
|
O futuro da charanga depende de vos, de que sigades
apoiándonos, bailando, cantando e aplaudindo nas festas.
Pola nosa parte seguiremos ensaiando para mellorar,
buscar novas formas de entreter e en definitiva pasalo
ben, por que o final o obxetivo da charanga e pasar un
momento de ledicia e parranda.
Por último, queremos dende aquí dar as
grazas a todos os que nos apoiaron e nos
permitiron pasar estes anos de luxo xunto a
eles. Seguiremos dando guerra!!
Viva Vaite Xa!!
|

|
|
|